Concilia Día do ensino, 11 de outubro

By | 17/09/2021

O vindeiro 11 de outubro temos unha xornada de conciliación familiar, persoal e laboral, co motivo do día do ensino. 

Contamos con dúas modalidades, segundo as idades das e dos participantes:
        ☀ Infantil: nadas e nados entre o 2018 e o 2012.
        👟 Xuvenil: nadas e nados entre o 2011 e o 2006.
Diferenciando por grupos de idades segundo a participación para dita xornada.

Esta xornada ten formato de Campamento con horario dende as 7:30 ata as 15:30h. podendo escoller o horario que máis se axuste a necesidade de cada familia, e tendo a opción de ampliar ata as 16:30 ou 17:30h.

Pica aquí para descargar a ficha de inscrición.

Se xa participaches no campamento de setembro deste curso 2021/22, só terías que realizara o pago da reserva e modificar/actualizar a ficha en de inscrición.

O prazo de preinscrición remata o 27 de setembro ou esgotar prazas. PRAZAS LIMITADAS, por rigorosa orde de inscrición con criterios extraordinarios*.

*CRITERIOS: 1. Familias asociadas 2021/22. 2. Participantes con continuidade en actividades e proxectos da entidade. 3. Aforos por grupo de idade. 4. Familias asociadas no momento da preinscrición. 5. Familias non asociadas.
A PREINSCRICIÓN formalízase entregando a ficha debidamente cuberta e realizando o pago da reserva (5€). A INSCRICIÓN complétase coa confirmación de admitid@s o 28 de setembro e co pago da totalidade do campamento, do 28 de setembro ao 1 de outubro, con data límite 10 días antes do inicio do campamento (Consultar facilidade de pago, fraccionamento e aprazamento, en caso necesario). En ningún caso haberá devolución da reserva. En caso de baixa, comunicarase por escrito á coordinación do campamento, producíndose con data límite nos 4 días previos ao inicio da quenda e en ningún caso haberá devolución, salvo casos de forza maior. As inscricións fóra de prazo, en caso de ter prazas, ou completar o pago fóra de prazo terán un incremento económico. Ao ter a ficha de inscrición cuberta nas próximas inscricións nos campamentos do curso 2021/22 non é necesario cubrila de novo, simplemente se fará a actualización da existente e o pago da reserva que corresponda.

Máis información no documento informativo.

Lembrade que 2-3 días antes do inicio da xornada teremos que ter asinada a Declaración Responsable
 
Documentos informativos tanto para as familias como para as e os participantes.

*Toda a información está condicionada polas limitacións impostas pola COVID-19. Adaptación da xornada de concilia segundo as recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre adaptadas á situación de COVID-19 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.