Concurso de poesía: «ANOMAR»

Unha cita anual coa poesía é o Concurso ANOMAR, cada ano contamos con persoas de diferentes idades Cartaz XI edicion Anomar 2015motivadas e ilusionadas coa creación literaria en galego, máis concretamente coa poesía.

O certamen do que estamos a falar xurdiu da intencionalidade de unir a experiencia, o coñecemento e a importante transmisión cultural dos nosos maiores coa ilusión e creatividade dos máis mozos. O nome do concurso fai alusión a unha persoa moi especial, unha persoa que simboliza a experiencia, a forza e a ilusión por aprender, de superarse día a día, esta persoa é a nosa señora «Ramona», a persoa máis maior da asociación. Anomar é Ramona ao revés, a cal representa a todas as persoas maiores que, coma ela, están convencidas de que na vida se aprende cada día e que a creación literaria é unha forma máis de expresividade e coñecemento.

Mozos e mozas de diferentes centros educativos e entidades, de idades comprendidas entre 9 e 18 anos, e persoas  maiores de dezaoito anos de diferentes lugares de Galicia, participan ano tras ano aportando os seus poemas. Posteriormente, celébrase unha entrega de premios onde o xurado, composto por tres persoas do mundo da poesía e da narrativa, fan entrega dos esperados premios, así como nos deleitan coa lectura dos seus poemas.

42 43 44

Invalid Displayed Gallery