Proxecto Intercultural

A Asociación sempre contou cunha gran riqueza cultural, a presencia de socios e socias de diferentes países foi o impulso. Fai xa oito anos, da primeira iniciativa do Proxecto Intercultural, foi tamén naqueles tempos cando comezou a nosa participación nos Programas Europeos, máis concretamente “Xuventude en Acción”, a través dos cales empezamos a recibir Voluntarios de diferentes partes de Europa para traballar con nós durante un ano.

De ahí, de toda esta traxectoria e como non, da ilusión, motivación e traballo principalmente dos volutarios/-as europeos, xurde unha ampla programación de actividades que inicia en Febreiro e remata en Abril coa Gran Festa Intercultural.

45

As actividades son para todas as idades, imos dende os grandes xogos, contacontos e cociña intercultural par os máis peques, ata cata de productos, danzas do mundo, concertos de instrumentos do mundo, cine, e coloquios para os máis maiores. Toda esta ampla gama de actividades clausúrase nun día moi importante, a ¨Festa Intercultural”, no cal non soamente probamos comida de diferentes partes do mundo, senón que compartimos os valores, as experiencias e coñecementos que traballamos e interiorizamos o longo do trimestre.

46 47

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *