O Mundo de XEA (3 a 5 anos)

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos aposta pola Conciliación da vida familiar, laboral e persoal, ofrecendo a posibilidade ás familias de que as nenas e os nenos desfruten do Mundo de XEA.

Estamos a falar de un espazo destinado ao xogo libre e a realización de diferentes actividades lúdico-educativas, que fan que as e os máis cativos teñan a posibilidade de relacionarse cos seus iguais. O Mundo de XEA  segue como liña de acción valores tan importantes como a colaboración, cooperación, igualdade, respecto e fomento da lingua galega.

O horario é de luns a venres de 16:00h a 20:30h.

  • Para todos as nenas e os nenos  entre os 3 e os 5 anos.
  • Inscrición por trimestre.
  • Monitoras e monitores especializados.
  • Xornadas e ciclos temáticos.
  • Emprego de diverso material lúdico-educativo.
  • Gran variedade de Xogos e xoguetes.
  • Actividades diferentes cada día.
  • Actividades adaptadas as diferentes idades.
  • Voluntarias/os europeas/os que aportan unha perspectiva intercultural.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *