Club de Piratas (9 a 12 anos)

Seguindo un dos obxectivos máis importantes da entidade, a CONCILIACIÓN FAMILIAR, LABORAL E PERSOAL, o CLUB DOS PIRATAS atende diariamente a rapazas e rapaces entre 9 e 12 anos.

O obxectivo deste club é fomentar a autonomía persoal e reforzar os lazos entre iguais, xa que os participantes comezan cos cambios propios da idade (a nivel físico e psíquico). A través de este espacio de referencia, os rapaces e rapazas enriquécense e valóran os seus propios valores persoais.

Realizan distintas actividades lúdico-educativas, tales como: baile moderno, grandes xogos, teatro, manualidades, obradoiros temáticos, … ademais de saídas culturais e de ocio. Trimestralmente, lévase a cabo unha convivencia de fin de semana onde eles son os verdadeiros protagonistas das diferentes tarefas e actividades a desenvolver.

O horario é de luns a venres de 16h a 20:30h.

Septiembre Junio

 

Anímate a subir ao barco con nós, a percorrer grandes aventuras surcando os mares e atopando valixas cheas de tesouros escondidos!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *