Planeta Sólit (6 a 8 anos)

O Planeta Sólit é unha aula de conciliación familiar, laboral e persoal para nenas e nenos de 6 a 8 anos. As e os participantes fan unha viaxe polo planeta Terra e desenvolven diferentes actividades baseadas principalmente en valores.

Algunhas das actividades que fan nesta aula son de animación á lectura, baile moderno, inglés lúdico, informática, multideporte, expresión corporal… Trimestralmente levan a cabo unha actividade extraordinaria na que quedan a cear ata media noite. Son as nenas e nenos os encargados de programar tanto o menú da cea como as actividades a desenvolver posteriormente.

O Planeta Sólit inicia as e os participantes na toma de decisión sobre os seus propios proxectos, estimulando a iniciativa das e dos participantes, fomentando con isto un maior compromiso co grupo e unha maior autonomía.