Club de Maiores

 

O Club das e dos Maiores é un proxecto que pretende fomentar un avellentamento activo e saudable nas persoas maiores do entorno (concretamente maiores de 60 anos). Ten carácter semiestructurado pois conta cunha programación base proposta polos profesionais que desenvolven as actividades, pero a maiores realízanse saídas, charlas, eventos, excursións,… propostas polos propios usuarios dependendo dos seus gustos e/ou intereses.

O Club de Maiores desenvólvese a través dun programa integral con actividades que fomentan a estimulación física, cognitiva e, sobre todo, social. Os e as participantes contan cunha aula de referencia, un espazo onde pasar un tempo agradable en compañía doutras persoas maiores ao mesmo tempo que comparten actividades, saberes, coñecementos e experiencias.

O Club de Maiores conta tamén cun blog no que se van publicando novas do propio grupo así como información de interese: http://osnososmaiores.blogspot.com

As actividades do Club de Maiores abranguen o periodo Setembro-Xuño (aproximadamente como un curso escolar). O programa de actividades pode variar dependendo do curso. Actualmente son as seguintes:

Programación Club de Maiores 2015/16

Programación Club de Maiores 2015/16

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *