¿Quen somos?

 

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos é unha entidade sen ánimo de lucro que se centra na animación sociocultural e na intervención sociocomunitaria, ofertando diversas actividades e proxectos socioeducativos para persoas a partir dos 3 anos.

A Asociación nace o día 2 de Outubro do ano 1992.

Vídeo sobre a nosa asociación.

QUEN A FORMA (XUNTA DIRECTIVA)

A Xunta Directiva, formada por un presidente, secretario, tesoureira e vocais. 

Todos eles levan a cabo a súa labor voluntariamente, recibindo a cambio o sorriso dunha nena ou neno, a confianza das familias, o apoio e experiencia da xente maior…

QUE BUSCAMOS

Dende a súa creación, a Asociación intenta ofrecer un espazo e un proxecto onde a cidadanía  se sinta identificada. Destacando sempre, a súa maior aposta,  que é ofertar a posibilidade de facer realidade unha Conciliación Familiar, Laboral e Persoal.

QUE FACEMOS

A Asociación atende as necesidades dos diferentes colectivos, dende os máis cativos aos máis grandes, pero cabe destacar que a súa maior labor esta dirixida á infancia, xuventude e á xente maior. En todo momento, a nosa entidade trata de adaptarse ás demandas e dalgún xeito cubrir as necesidades detectadas.

 

IMOS MEDRANDO:

Todos os comezos son duros e como tamén ocurre no transcurso da vida,  tamén nós temos momentos de todo tipo, pero a ilusión e a enerxía que posuímos danos forza para seguir mirando cara diante. O alimento máis importante para medrar día a día é a confianza que depositades en nós, ese é o maior imput.

Nun principio, o ámbito de intervención limitábase a urbanización. Pero no día a día a area de incidencia medra acollendo ás urbanizacións veciñas, distintos concellos, chegando a ter un ámbito autonómico. 

Outra das mostras do crecemento da nosa entidade, é o incremento do número de participantes en proxectos de gran relevancia como son as Aulas de Xogo e os Campamentos Urbanos. Con respecto ás Aulas de Xogo, comezou a súa andanza con un neno e dúas nenas e na actualidade contamos cunha media diaria de 40-50 nenos e nenas. Os Campamentos Urbanos comezaron realizándose só na 1ª quenda de xullo  e agora cubrimos todas as vacacións escolares: Nadal, Entroido, Semana Santa, Xuño, Verán e Setembro, en horario de mañá dende as 7:30 ata 16:30h. Ante a demanda dos rapaces e rapazas máis grandiños que, pola súa idade quedaban fóra do campamento urbano, comezamos unha nova modalidade, o Campamento Xuvenil.  Resaltar os comezos do campamento con 25 participantes  e chegando hoxe en día a unha elevada participación de rapazas e rapaces en todos os campamentos realizados ao longo do ano.

De xeito xeral, dicir que as actividades coas que se comezou esta andadura fóronse sumando outras novas, ampliando así o nosa oferta social, cultural, educativa e lúdica.

2