SVE – Servizo Voluntario Europeo

Os programas europeos “Xuventude en Acción” chegaron a nosa entidade fai xa moitos anos , concretamente no 2006, lembrades a Claudia (Alemania) e a Damiano (Italia)?

Eles foron os nosos primeiros voluntarios europeos, xa van alá 21 voluntarios/-as que compartiron os seus proxectos, ideas e iniciativas cos socios e socias da Asociación.

O Servizo Voluntario Europeo é unha oportunidade única para todos os mozos e mozas que queiran colaborar nunha actividade non lucrativa noutro país, coñecendo a súa cultura e idioma. 

Nestes momentos nós somos entidade de acollida, por iso ano a ano contamos coa gran riqueza intercultural que supón a  súa colaboración na Aula de Xogos, así como as clases de idiomas, guitarra, teatro e como non, a proposta do Proxecto Intercultural. O SVE aporta unha importante perspectiva intercultural os nosos proxectos e ao mesmo tempo achega os programas europeos a todos os mozos e mozas que ao igual que eles, se animen a participar.

Se estás interesado/-a e tes entre 18 e 30 anos, non tes máis que pasarte pola asociación para que te poidamos orientar.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *