Voluntariado local

O voluntariado local está formando pricipalmente por persoas de diferentes idades que tiveron contacto previamente coa entidade por diferentes razóns: participaron ou participan en algunha actividade, fixeron as prácticas de algunha titulación ou simplemente coñeceron a entidade por diferentes vías e, por iniciativa propia, se achegaron a nosa entidade para saber como podían compartir o seu tempo cos demais.58

Actualmente contamos con diferentes modalidades nas que podes colaborar como voluntari@:

  • Voluntario virtual: búsqueda de recursos, elaboración de cartelería, traballo en rede con outras entidades, etc
  • Voluntariado presencial: nos diferentes proxectos e actividades, no tempo que teñas dispoñible (un día á semana, dous días, unhas horas, etc) con continuidade, ou puntualmente en celebracións nas que se necesita maior reforzo de persoal.

Tarefas dos voluntari@s con maior continuidade: para máis información pincha AQUÍ.

Anímate a compartir o teu tempo e achégate as nosas instalacións!!!!

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *