A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a 19ª edición do concurso de poesía ANOMAR, onde a temática dos poemas é libre, cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, sendo a lingua dos poemas en galego.
As categorías do concurso están divididas por idades:
– 1ª categoría: rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos.
– 2ª categoría: mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos, e
– 3ª categoría: a partir de 18 anos.
Os poemas poden enviarse por correo ordinario a:
Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos
R/Ameneiro, número 8
15894 Os Tilos-Teo
ou se pode facer de xeito en liña ao seguinte enderezo:
anomar@arcostilos.org, a obra será remitida como arquivo adxunto e non pode vir asinada pola autora ou polo autor, este dato xunto coa data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto, deben vir no corpo do correo electrónico e no asunto indicarase XIX Concurso de Poesía ANOMAR.
O prazo para participar estará aberto ata o 2 de novembro de 2022.
A decisión do xurado coñecerase nun acto público nos locais da asociación ás 20:00 horas, o venres 2 de decembro de 2022.
Agardamos a participación de todas as persoas interesadas neste xénero literario.