XVII Campamento Urbano de Nadal, un nadal distinto… un nadal nos Tilos

By | 19/10/2021

Velaquí a nosa proposta para as vacacións escolares de nadal. Do 22 de Decembro 2021 ao 7 de Xaneiro 2022, celebraremos o XVII Campamento Urbano de Nadal ⛄🎄, atendendo a unha maior CONCILIACIÓN FAMILIAR, LABORAL E PERSOAL e a unha aposta polo disfrute para @s cativ@s e @s moz@s, especialmente en tempos de COVID-19.

Toda a información está condicionada polas limitacións impostas pola COVID-19. Adaptación do Campamento segundo as recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre adaptadas á situación de COVID-19 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
 
Contamos con dúas modalidades, segundo a idades das e dos participantes:
        ☀ Infantil: nadas e nados entre o 2018 e o 2012.
        👟 Xuvenil: nadas e nados entre o 2011 e o 2006.
 
O HORARIO sería de 7:30 a 15:30h., contemplando diferentes combinacións horarias e unha prolongación horaria (ata ás 16:30h. ou 17:30 h.). O 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro non hai prolongacións horarias, e o 6 de xaneiro non hai campamento.
 
Máis información no documento de Campamento de Nadal 2021-22
 
Coma sempre contamos cun amplo abano de ACTIVIDADES educativas, deportivas, creativas, de ocio e tempo libre, … atendendo ao grupo de participantes. 
Todas as actividades están suxeitas a un número mínimo de participantes, ao igual que a programación poderá variar por causas xustificadas.
Todas as actividades a desenvolver seguirán as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias, evitando todo o posible a interacción e o contacto entre participantes, grupos e monitor@s.

INSCRICIÓN: Prazo de inscrición ata o 1 de decembro de 2021 ou esgotar prazas. PRAZAS LIMITADAS, por rigorosa orde de inscrición con criterios extraordinarios*.
*CRITERIOS: 1. Familias asociadas 2021/22. 2. Participantes con continuidade en actividades e proxectos da entidade. 3. Aforos por grupo de idade. 4. Familias asociadas no momento da preinscrición. 5. Familias non asociadas.
A PREINSCRICIÓN formalízase entregando a FICHA debidamente cuberta e realizando o pago da reserva (20€). A INSCRICIÓN complétase coa confirmación de admitid@s o 3 de decembro e co pago da totalidade do campamento, do 3 ao 10 de decembro, con data límite 10 días antes do inicio do campamento. En ningún caso haberá devolución da reserva. En caso de baixa, comunicarase por escrito á coordinación do campamento, producíndose con data límite nos 4 días previos ao inicio e en ningún caso haberá devolución, salvo casos de forza maior. As inscricións fóra de prazo, en caso de ter prazas, ou completar o pago fóra de prazo terán un incremento económico.
No caso de ter a ficha de inscrición cuberta para os campamentos do curso 2021/22 non é necesario cubrila de novo, simplemente se fará a actualización da existente e o pago da reserva que corresponda. 
Lembrade que antes do inicio do campamento teremos que ter asinada a Declaración Responsable
 
Documentos informativos tanto para as familias como para as e os participantes.
 
Agradecer de antemán a vosa comprensión, continuamos facendo unha chamada á vosa responsabilidade e solidaridade para un bo transcurso na organización dos campamentos.