XVIII Concurso de poesía ANOMAR

By | 01/10/2021

A Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos convoca a 18ª edición do concurso de poesía ANOMAR, onde a temática dos poemas é libre, cun mínimo de 20 versos e un máximo de 100, sendo a lingua dos poemas en galego.

As categorías do concurso están divididas por idades:

1ª categoría: rapaces e rapazas entre os 8 e os 12 anos.

2ª categoría: mozas e mozos entre os 13 e os 17 anos, e

3ª categoría: a partir de 18 anos.

Os poemas poden enviarse por correo ordinario a:

Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos
R/Ameneiro, número 8
15894 Os Tilos-Teo

ou se pode facer de forma on-line ao seguinte enderezo:

anomar@arcostilos.org, a obra será remitida como arquivo adxunto e non pode vir asinada pola autora ou polo autor, este dato xunto coa data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto, deben vir no corpo do correo electrónico e no asunto indicarase XVIII Concurso de Poesía ANOMAR.

O prazo para participar estará aberto ata o 10 de novembro de 2021.

decisión do xurado coñecerase nun acto público nos locais da asociación ás 20:00 horas, o venres 10 de decembro de 2021.

Agardamos a participación de todas as persoas interesadas neste xénero literario.